Presentación

Despois de levar un tempo o blogue do grupo de sendeirismo Baidesendas, ao que non lle podía adicar todo o tempo que me gustaría, dou comenzo a este novo blogue coa mesma idea co anterior pero sen a necesidade autoimposta de ter uns prazos para actualizalo.

A intención do blogue é compartir a experiencia persoal dunha das miñas afecións preferidas como é o sendeirismo para poder, por un lado, compartir experiencias con outras persoas que habitualmente fan sendeirismo e, por outro lado, para que sirva para que outras persoas que non o fan se animen a praticar esta actividade. Ademáis dos detalles técnicos das rutas que irei facendo (tipo e estado da ruta, dificultade, lonxitude,etc...) tentarei acompañar os relatos das rutas con fotos e información dos puntos de interese da ruta que vaia atopando (historia, toponimia, etc...).

O blogue é moi simple, como podedes ollar. Consta de catro páxinas: unha coa información das rutas que fago, outra a que estás lendo que é a presentación, outra que recolle a miña opinión sobre o sendeirismo e outros artigos relacionados con esta actividade e a última que recolle as convocatorias de andainas que me van chegando. No lateral puxen unha serie de enlaces a outras webs relacionadas co sendeirismo e outras que ainda que non o están si son moi interesantes porque nos poden dar información dos puntos de interese das rutas que fagamos. Co tempo seguro que ampliamos os enlaces, ainda son poucas as webs relacionadas co sendeirismo en Galicia, a ver se pouco a pouco vai crecendo o número.

2 comentarios:

  1. Xenial!! Hai poucos blogues de sendeirismo. Eu mesma, que aprendín hai pouco a levar un blogue, en canto me xubile penso crear un tamén de sendeirismo. Aquí terás unha fiel seguidora para comentar, intercambiar información e axuda a xente que se anime a realizar esta actividade tan fermosa que compartimos.
    Saudos. Carmen (Os Rueiros)

    ResponderEliminar
  2. Grazas Carmen polo teu comentario e anímote a que non esperes a xubilarte para crear o blogue de sendeirismo, si xa vas levando un xa podes ir facendo un sobre as camiñatas que fas cos Rueiros. Un saudo desde o sur.

    ResponderEliminar