Datos técnicos
Lonxitude: 8.21 kms
Tipo: Circular
Non sinalizado, non homologado.
Altitude máx: 198 ms
Tempo: 2 horas 30 minutos (1 hora 31 minutos en movimento)
Saida e chegada desde a capela de Santa Marta, na praia de Santa Marta (Baiona)
M.I.D.E.: 6 (1 severidade, 2 orientación, 2 dificultade, 2 Esforzo)
Podedes ver e descargar a ruta en Wikiloc.
Comentarios
Nesta ruta unimos a senda fluvial do río Baíña coa estación
arqueolóxica de Outeiro dos lameiros, xa que ambas por separado son moi curtas
e nos van sumerxir pola nosa prehistoria e pola historia da época dos Austrias.
A ruta ten o seu comenzo e final na ermida de Santa Marta, pegada á praia do
mesmo nome que se atopa en Baiona.
Comenzamos entón coa explicación. Partimos da ermida de
Santa Marta, construida a finais do século XIII. Case a finais do século XVI,
esta ermida sufriu o paso do pirata inglés Sir Francis Drake. No solpor do día
7 de outubro de 1585, Drake arribou á praia de Santa Marta como así aparece en
diversos documentos. Voltamos a vista a Felipe II, daquela reinaba e España era
un imperio (o imperio onde nunca se poñía o sol), eramos a primeira potencia
mundial. Felipe II casara con María I de Inglaterra. De relixión católica,
buscaba con este matrimonio facerse cos territorios ingleses, consolidar
definitivamente o catolicismo en Inglaterra e ter un descendente que heredara o
seu imperio. Pero María I morre sen ter descendencia e Felipe II deixa de ser
Rei de Inglaterra. Accede ao trono de Inglaterra Isabel I que comenza a
reinstaurar a relixión anglicana. Felipe II tenta frear este proceso pedíndolle
matrimonio pero pasa del. Entón xurde un complot entre a Igrexa e Felipe II
para asasinar a Isabel I e sustituila por María Estuardo de Escocia e de
relixión católica. O complot non sae ben porque os espías de Isabel I o
descubren e a cousa acaba coa morte de María Estuardo. É cando Felipe II decide
invadir Inglaterra enviando á Armada invencible. Anos antes Isabel I financiaba
expediciones dirixidas por piratas e traficantes de escravos contra navíos
españois. E entre esos piratas estaba Francis Drake, que acabou sendo,
almirante, sir e o 2º navegante en completar a volta ao mundo despois de
Elcano. E así nos poñemos nese solpor do 7 de outubro de 1585 cando o pirata
Drake chega ata a praia de santa Marta coa idea de saquear e invadir a
fortaleza de Monte Real. Se nos subimos ata as rochas nas que se sustenta o
cruceiro que se atopa enfronte da ermida, e desde as que hai unha fermosa vista
de Baiona, Monteferro e a entrada da bahía, poderemos votarlle imaxinación e
ver como Drake fai a súa aparición con 30 navíos e 1500 homes. Daquela, o
gobernador da fortaleza, Pedro Bermudez, fixo soar a campana da Torre do reloj
(unha das tres torres que ainda se conservan da antiga fortaleza) para avisar
ás xentes que vivían fora da fortaleza do perigo e que se meteran dentro das
murallas. Tamén enviou unha mensaxe ao conde de Gondomar, diego sarmiento de
acuña, para que viñera na súa defensa. Tamén desde o cruceiro podemos ver a
zona de O Burgo, que se atopa detrás da gasoliñeira da que vos falei antes.
Agora está chea de vivendas pensadas para o turismo, pero non custa imaxinar
que daquela a zona estaría mais pelada e con algunha casiña de tipo baixo. Por
alí pasa un antigo camiño romano, a vía XX ou per loca marítima que enlazaba na
época dos romanos Braga con Astorga pola costa. Pois ben, según os documentos
históricos, Drake e os seus homes, se apostaron esa noite ahí para estudiar
como conquistar a fortaleza e cortar a zona de paso. Non lle funcionou ben, pois
Diego Sarmiento conseguiu chegar con 300 homes para reforzar os que xa había
dentro da fortaleza. Polo que Drake vendo que non ía ser doado asaltar a
fortaleza marchou por onde viu, iso sí arrasando e queimando antes a ermida de
Santa Marta, o convento de San Estevo nas Illas Cíes e tentando atacar Vigo
(pero iso é outra historia que me lío). A ermida foi reconstruida tralo paso de
Drake e daquela orixinal do século XIII só queda o arco semicircular da entrada
e os canzoliños que son as cabezas das vigas que saen ao exterior e que sirven
de soporte da cornisa.
Ermida de Santa Marta |
É moi fácil chegar ata alí, a praia atópase na entrada de
Baiona se ves desde Vigo, e se atopa enfrente da única gasoliñeira que hai en
Baiona. Se vides pola estrada Vigo-Baiona non hai fallo porque ides pasar por
alí e xa a vedes, e se vides pola autoestrada tedes que coller a saída que pon
Baíña, (é a primeira saída despois de pasar a peaxe) e logo na rotonda da saída
da autoestrada coller á esquerda dirección a Baiona e uns 500 metros xa está a
praia de Santa Marta e a gasoliñeira.
Agás no verán, é doado aparcar, hai sitio de sobra, no verán
como está a praia xa non o é tanto. Ao lado da praia ides ver unha pequena
colina que é onde se atopa a capela de Santa Marta, punto de inicio da nosa
ruta. O tramo entre a senda do río Baíña e a estación arqueolóxica
e case toda por asfalto, mentres que a volta é por pistas forestais. A ruta non
está sinalizada polo que faise imprescindible un sistema GPS.
Desembocadura do río Baíña |
Deixamos a ermida e baixamos ata o monumento da artista
galega Soledad Penalta que se atopa enfronte da ermida. É un obra en ferro do
ano 1999. Dimos unha volta ao monumento e sacamos unhas cantas fotos da paisaxe
antes de seguir o noso camiño cara á praia de Santa Marta. Esta praia é un areal de 250 metros de lonxitude
onde desemboca o río Baíña que imos seguir nalgúns tramos ata o encoro. Cruzamos
a estrada e de fronte imos ver un antigo lavadoiro da época franquista pois
ainda se pode observar a simboloxía franquista. Este lavadoiro está a carón do
rió Baíña a súa man esquerda e a man dereita comenza a ruta fluvial do río
baíña, indicada cun sinal.
É unha senda pequena de 650 metros de percorrido
que se pode facer perfectamente con cativos (se só queredes facer esta parte).
Unha ruta de dificultade baixa e agradable de facer porque imos pola marxe dereita
do río co que imos atopar flora de ribeira e poderemos observar 2 lavadoiros, e
3 muiños, un deles funciona (o de Agrelo) e outro asemella estar reconvertido
nunha vivenda. Esta zona de O Burgo históricamente xa ten tradición de ser unha zona de muiños, e así hai documentos que recollen que na época de Felipe II se construiron 6 muiños dentro da fortaleza temendo que o inimigo en calquer momento poidera facer desaparecer os muiños de O Burgo. A uns 150
metros nos atopamos cun lavadoiro e cun gran panel
informativo da senda. Cruzamos a ponte de O Burgo e seguimos coa senda uns 500 metros mais ata o
seu final. A senda remata subindo unhas escaleiras entre unhas casas. Imos por
esa rúa entre as casas e collemos á dereita e a uns metros nos atopamos cun
cruce cunha pequena estrada, o camiño de As lavandas. Imos coller á esquerda e seguir esa estrada que é a
estrada que sube ata o encoro de Baíña. Ata o encoro o camiño é todo por asfalto polo que non é nada destacable, mais ben o contrario, é unha mágoa que
non se continuase o paseo pola beira do río.
Senda fluvial do río Baíña |
O encoro atópase a uns 6 kms do inicio da ruta. Uns 500 metros antes a man
dereita podemos ollar un camiño de terra cun sinal de madeira que pon “Laxas-Muiños-Fonte”,
nos metemos por ahí e nos atopamos coa senda verde do río Baíña onde se supón
que hai ata 5 muiños pero a verdade é que só atopamos un, que é o muiño vello e
que está rehabilitado. O resto se supón que deben estar seguindo río arriba
pero o camiño está impracticable, polo que vos aconsellamos dar a volta no
muiño. Na zona hai unhas escaleiras de madeira que baixan ata o río para poder
facer unha foto da zona e tamén atopamos un cartel grande explicativo da flora
e da fauna do río Baíña.
Voltamos á estrada que sube ao encoro e empezamos unha
pequena pendente que nos leva ata o encoro, xusto antes de chegar ao encoro, a
man esquerda imos ver unha pista forestal sinalizada cun cartel que nos indica
a estación arqueolóxica de Os campos ou Outeiro dos Lameiros. Imos ir logo,
primeiro subimos ata o encoro que se atopa a 20 metros de ese cruce seguindo a
estrada.No encoro non se pode entrar, imos ver a porta pechada e a
man dereita o salto de auga duns 43 metros de altura, a man esquerda da porta se
a vemos de frente hai un caminiño que nos permite ver o encoro e a súa curva de
coroación sen entrar no encoro. O encoro foi construido no ano 1985 para
abastecer de auga a Baiona.
Deixamos o encoro e baixamos pola estrada para coller, agora
si, a pista forestal que nos leva ata o Outeiro dos Lameiros. A 500 metros atopamos a
estación arqueolóxica de Os Campos, tamén coñecida como outeiro dos Lameiros
que é o outeiro que ten nunha das súa rochas os gravados mais importantes desta
estación. A estación está moi ben sinalizada e con carteis explicativos de cada
un dos paneis con gravados rupestres.
O tema dos petroglifos é un tema moi extenso para tratar
aquí e creo que xa me enrollei bastante ao principio. Só apuntar que o que
coñecemos como petroglifos, forma parte do chamado grupo galaico de arte
rupestre e que ten o seu epicentro no interior da ría de Pontevedra, en
especial Campo Lameiro e Cotobade, e logo se extende polas rías de Vigo e
Arousa. Ainda que se atopan petroglifos incluso no interior, a maioría de
petroglifos de Galica se atopan na provincia de Pontevedra. Datan do
Calcolítico (idade de Cobre) e da idade bronce (aproximadamente III-II milenio
a.d.C.) e dun xeito básico se poden distinguir entre os petroglifos naturalistas
(aqueles que representan armas, figuras humanas ou partes delas, figuras de
animais) e os xeométricos (puntos, liñas, círculos, esvásticas, axedrezados,
laberintos…). A interpretación de ambos tanto naturalistas como os xeométricos
é moi discutida e varía según os diferentes expertos na materia. Non vou entrar
ahí porque sobre iso hai moita literatura. Só quixen facer esta pequena
introducción dos petroglifos porque nesta estación tedes a oportunidade de
ollar, en poucos metros, a gran maioría de tipos de petroglifos (coviñas,
cazoletas, círculos, axedrezados, zoomorfos…).
A estación arqueolóxica de Os Campos atópase a 186 metros sobre o nivel
do mar, nunha zona de paso (portela) entre dous outeiros: o outeiro dos
lameiros e o outeiro do ceboleiro. Nesta zona hai mais de trinta superficies
con petroglifos gravados. O xacemento arqueolóxico foi descuberto en 1984
(algún petroglifo incluso foi descuberto no 2007). Entre os anos 2007 e 2008,
por iniciativa da comunidade de montes en man común de sabarís procedeuse á
musealización do xacemento para facer visitables os petroglifos.
O mais chamativo deste xacemento é o panel vertical do
outeiro dos lameiros que contén 78 zoomorfos (aparentemente cabalos), único na
península ibérica. Tamén é excepcional por estar en vertical, a maioría das
rochas onde están os petroglifos soen ser horizontais. En galicia só se coñece
outro panel vertical en porto do Son. É unha parede de 15X5 metros onde
aparaecen representados 78 zoomorfos, cabalos a xulgar pola súa cola e as
orellas e van de esquerda a dereita agás tres. Ademais no panel hai coviñas e
figuras abstractas como a da figura central coñecida como o rodaballo, e
logotipo do parque, tamén hai unha esvástica de seis puntas que xira de
esuqerda a dereita, ábalas dúas figuras son únicas na aerte rupestre galaica.
Dous dos cabalos deste panel tamén son o logotipo do sendeiro das Greas
(homologado como GR-58, o sendeiro mais longo dos sendeiros de gran recorrido
de Galicia con 247 kms).
Esta zona, entre os dous outeiros, foi canteira, devesa real
para a produciión de madeira para o rei e zona de paso entre Baíña, Sabaría e
Belesar, de feito se poden ver nunha rocha onde hai petroglifos as rodeiras dos
carros.
Deixamos o xacemento e comenzamos a volta seguindo a pista
forestal cara o monte da comunidade de Santa cristina de Sabarís. Pasamos por
un colmeneiro e a pista se bifurca. Collemos á esquerda e despois virán varias
bifurcacións mais que non están sinalizadas por iso é imprescindible seguir a ruta
cun GPS. A pista vai paralela a autoestrada Vigo-Baiona que pasamos por debaixo
a través dun túnel. Pasado o tunel collemos unha pequena rúa á esquerda e
chegamos as casas do final da senda fluvial do río Baíña e voltamos polo paseo
ata a ermida.
A ruta en non é das mais apetecibles que teño feito polo
tema de que entre a senda fluvial e o xacemeneto arqueolóxico, tanto á ida como
á volta faise moi aburrida porque non hai nada de interese, pero sen embargo, a
senda e sobre todo, o xacemento si que merecen a pena visitalos. Podedes ollar o resto de fotos da ruta neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario