Sobre sendeirismo e outras lerias

O sendeirismo desde o meu punto de vista

Facer andainas é algo que o ser humano leva facendo desde que pode erguerse sobre as dúas pernas. Nembargantes, algo tan sinxelo como poñer un pé diante doutro pode estar cheo de matices. O sendeirismo é algo mais que camiñar por camiñar. Desde o meu punto de vista, o sendeirismo non só é unha actividade deportiva e saudable, senón que axuda a través do coñecemento a ter respeto e, polo tanto, a ser mellor persoa.

a) Deporte e saude. Obviamente o sendeirismo é unha actividade deportiva, mentres andas queimas calorías. Ti escolles a intensidade (se vas apurado ou despacio), o número de kms que vas facer e a dificultade do camiño (se é chan ou con costas). Ademais tamén escolles o que queres gastar nela pois é unha actividade que ten custe cero (podes sair a andar coa roupa que levas posta) ou gastarte mais cartos (en roupa, botas, bastóns, mochila, seguro de accidentes, desprazamento en coche ou bus...).

Calquera actividade deportiva, sexa mais ou menos intensa, repercute na nosa saude física pero ademais o sendeirismo ao ser unha actividade que transcurre por paraxes naturais e tranquilas, ten un engadido efecto relaxante o que contribúe a mellorar a nosa saude mental. Por riba, si se fai en grupo, pode reforzar outros valores como o compañeirismo e a amizade.

b) Coñecemento e respeto. Xa sexa unha andaina polo monte ou urbana, a min me gusta facelas con tranquilidade, sen prisas por chegar (non é unha carreira), parándose e observando. De seguro que esa ponte ou ese edificio polo que tes pasado tantas veces está cheo de detalles que non tiñas parado a observar. Detrás de cada árbore, nome dun lugar, obra arquitectónica... hai unha historia, coñecela nos fará ver as cousas de xeito diferente e ao coñecer as historias das cousas que vemos nos camiños aprenderemos a respetar e valorar o noso entorno e iso, desde meu punto de vista nos fai ser mellor persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario